lunes, 23 de abril de 2012

Os nosos amigos: os animais.

Numerosos estudos afirman que os nenos e nenas que se relacionan con animais, teñen un maior sentido da responsabilidade e empatía. Ademais, neles observan conductas biolóxicas que enriquece o seu coñecemento do mundo animal. Sen esquencernos da importancia do cariño que se establece entre a mascota e o neno/nena.
Por estes motivos imos a adicar esta entrada ás mascotas dos nenos e nenas do 2º Ciclo de Infantil.

3 ANOS 
Raúl co famosísimo Cholo (un loro yaco).

Alicia ten a sorte de ter dous preciosos canciños. Os dous máis pequeniños son da súa "Tita"

Aroa coa súa tartaruga Pirata. A Pirata lle encanta camiñar e comer.

Xabi con Kiko (o mimadiño da casa). E Xabi coa súa irmá Carla e a gatiña Geena.


 4 ANOS
Dani nos presenta a Muco (tartaruga). Sempre lle fai cóxegas nas mans. Dani dalle comida tódolos días co seu pai.

 Carlos con Niky (can). A Niky encántalle correr polo campo e loitar cos gatos. Un día, outro can lle rompeu unha perna e tivo que ir ao veterinario pero xa está recuperado.

Lucía Lago con Anuba (cadela). Agora non é tan pequena pero segue sendo moi xoguetona, aínda que non obedece sempre. Gústalle saír de paseo.

Lucía Lago coa cabriña Lu (filla de Bis). É moi boa e xoguetona.

Marta con Kitty (gata). Aínda que Kitty morde algunhas veces, é moi cariñosa e gústalle que Marta a colla no colo.

 Marta con Pepa (canciña). É moi boa e cariñosa, e por suposto, MOI GRANDE!

Manuel coas súas mascotas: Ros e Coca. Ademais ten unha gatiña que se chama Rosita


Ângela coa súa amiga Clowy


 Candela co seu fortachón amigo Bingo


 Lucía Galdo con Jose e os coelliños. 

Saínza nos presenta a Frisbee, aínda que na foto é moi pequeniño, agora xa medrou. Frisbee vive coa súa nai Dana e a súa tía Timba, dúas marabillosas canciñas. A Frisbee lle encanta xogar con Saínza e cos nenos da fotos: Sibrán, o irmán de Sainza; e Dario, o seu curmán.

 5 ANOS
 Paula e Crispín (can). Crispín vivía con ela ata que se foi a Barcelona de viaxe, dende entón vive cos seus avós. Crispín é velliño e ás veces non lle fai caso, prefire estar no cesto tumbado ou co seu avó.


Zoe co seu peixe Rosi (laranxa) e co do seu irmá Bruno, Skipper. Para coidalos, é moi importante cambiarlle a auga tódolos días e darlle de comer.

 David, dándolle de comer ao seu canciño Tom.


Jose con Lucía Galdo e os coelliños.


 Yago coa súa egua Lorenza. Soe ir a pasear con ela os sábados.


 
Yésica e a cadela dos seus avós: Lúa. Aínda que é moi grande ten 0 anos, os cans da súa raza crecen moito. (A cadeliña branca que se ve ao fondo, é a velliña Chita)

No hay comentarios:

Publicar un comentario