domingo, 27 de mayo de 2012

5 anos_Xornais 2006

extraani.gif (20478 bytes)
Os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando cos xornais, pero non cuns xornais calquera senon cos da data do seu nacemento. 
Cada neno e cada nena, coa colaboración dos seus pais/nais, escolleu unha nova. Esta foi exposta na clase ao resto dos compañeiros e compañeiras, tamén comentaron como eran de bebés e amosaron unha fotografía.
Ao rematar a actividade, o alumnado é capaz de relacionar as novas coas datas dos aniversarios dos compañeiros e compañeiras, así como describila sen dificultade. E así o demostraron diariamente e co xogo das imaxes: enriba dunha mesa colocamos as imaxes das novas, por quendas escolleron unha imaxe e falaban dela.
Con dita actividade traballaron a expresión oral, a escoita activa, a nova, iniciarse no calendario e no paso do tempo, a identificación dos cambios nas persoas co paso do tempo, entre outras. Pero o máis importante é que se amosaron moi motivados.
 (pínchade sobre o álbum para fotos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario