domingo, 6 de mayo de 2012

Cooperación (5 anos)

O pasado 27 de abril, os nenos e nenas de 5 anos tiveron a gran sorte de desfrutar dunha marabillosa sesión de xogos cooperativos, quedaron encantados e pásarono moi ben. Na sesión...
- Conversaron.
 - Axudaron a levantar ao compañeiro, ou á compañeira. (Isto é moi importante cando hai "accidentes")
- Compartiron os aros.
- Axudaron aos compañeiros e compañeiras a abrigarse da choiva. Ninguén podía quedar fóra, se isto pasaba, íano buscar.
- E xogaron cos saquiños na cabeza. Neste xogo o saquiño non se pode suxeitar, e tampouco pode caer. Se cae, non o podemos coller; un compañeiro ou compañeira ten que facelo (suxeitando o seu saquiño).
Se queredes ver máis fotos, pinchade no álbum que segue:
5anos_cooperación

No hay comentarios:

Publicar un comentario