jueves, 6 de septiembre de 2012

Benvidos e benvidas ao curso 2012- 2013



O vindeiro mércores 12 de setembro, comezaremos un novo curso escolar; no que coñeceremos aos novos compañeiros e compañeiras de 3 anos, así como a Martina de 4 anos. De seguro que durante as vacacións de verán medráchedes moito e fixéchedes moitas cousas divertidas, agardámosvos con ilusión!
Cómpre, dicirlles ás familias, que contamos coa súa colaboración e participación en tódalas aquelas actividades que propoñamos.
O horario de presentación do día 12 de setembro será o seguinte:
- 3 anos, acompañados dos seus pais e nais, de 10:30h a 12:30h.
- e os de 4 e 5 anos, de 9:30h a 12:00h.
A partir do 13 de setembro, o horario será de 9:10 a 14:10h , agás os nenos e nenas de 3 anos que seguirán o seguinte horario:


TEMPORALIZACIÓN

DISTRIBUCIÓN

HORARIO

1ª Semana
(13- 14 Setembro)
Grupo1:
apelidos A- García
Grupo 2:
apelidos González – S

09:15 a 11:15
11:45 a 13:45
2ª Semana
(17- 21 Setembro)
Grupo completo
09:15 a 11:15


A partir do 24 de Setembro

Grupo completo

9:10- 9:30 
a
13:45 - 14:10


A partir do día 1 de outubro, os alumnos e alumnas asistirán ao colexio debidamente uniformados. Os nenos e nenas de 3 anos, levarán chándal e mandilón; e os nenos e nenas de 4 e 5 anos, levarán uniforme, chándal e mandilón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario