miércoles, 28 de noviembre de 2012

Celebrámolo Samaín e o Magosto

 abobora.gif (11578 bytes) abobora.gif (11578 bytes)abobora.gif (11578 bytes)
O pasado mes de outubro, no Valle- Inclán celebrámolo Samaín, que é unha festividade de orixe celta que representa o final da tempada de colleitas nesta cultura e era considerada como o comezo dun novo ano. Os nenos e nenas do centro fixeron máscaras, colgantes... e unha magnífica exposición de creativas cabazas.

E no cole, tamén celebrámolo Magosto. Os nenos e nenas de Infantil fixeron collares de castañas, degustaron castañas asadas e mesmo xogaron a encestar castañas nunha cabaza de cartón. Obviamente, despois de participar nestas actividades, cada clase recibiu un diploma.

 (pínchade sobre o álbum para 
ver máis fotos)
magosto 2012

1 comentario: