domingo, 16 de diciembre de 2012

2015 ideas para cambiar o mundo (5 anos)


                                                              

Os nenos e nenas de 5 anos, tiveron a oportunidade de desfrutar dun taller pertencente a "2015 ideas para cambiar o mundo", que ten como obxectivo acercar dun xeito dinámico e participativo a Educación para o Desenvolvemento. 
Durante esta xornada, o alumnado desfrutou co conto de Patachín y Patachón no encerado dixital interactivo, co que comezaron a reflexionar sobre os grandes retos nos que o mundo ten que mellorar: a desigualdade social e de xénero, o consumo responsable, a loita contra calquera forma de exclusión, a xustiza e o sostemento medio ambiental; incidindo priritariamente na última.
A continuación do conto, profundizaron nesta reflexión buscando solución. E xurdiron ideas como: recollelo lixo, poñer unha mangueira nas chimineas das fábricas, coidar aos animais, usala bicicleta, limpalo río, así como protexelos países para que non existan guerras.
 E finalmente, fixeron unha composición cooperativa con plastilina da comunidade á que debemos de aspirar.

(pínchade sobre o álbum para 
ver máis fotos) 
5anos_2015 Ideas

1 comentario:

  1. Ahora nos toca ayudarles a ponerlo en práctica. Decía Saramago "¿Seremos capaces de aprender lo que desde hace tanto tiempo venimos enseñando?

    ResponderEliminar