domingo, 12 de mayo de 2013

traitht.gif (20556 bytes)traitht.gif (20556 bytes)

O día 2 de maio, os nenos e nenas de Educación de Infantil fomos de visita á Fundación Novacaixagalicia para ver a exposición con motivo do centenario do ferrocarril Ferrol- Betanzos.

Unha rapaza moi simpática, María, falounos dos medios de transporte pero sobretodo do tren e das súas características. Explicounos que fai moitos anos existía un tren que viaxaba desde Ferrol ata Betanzos; chamánballe Ramalillo e estaba de aniversario; facía nada máis e nada menos que 100 anos. 

Aprendimos moitas cousas, fixemos locomotoras e vagóns e pasámolo moi ben; incluso descansamos vendo unha película nun cine que hai na fundación e mesmo fomos ao parque.
Visita cultural

No hay comentarios:

Publicar un comentario