martes, 6 de enero de 2015

Proxecto Prehistoria



Os nenos e nenas das clases de 4 e 5 anos, durante os meses de outubro e novembro, volveron miles de anos atrás para aprender como era a vida na Prehistoria.

Para INICIARNOS vimos os vídeos de Tadeo en Atapuerca e o seguinte de Cromagnón:
  
Tamén limos o conto de Croniñón

 E fixemos os carnés de auténticos investigadores e investigadoras

A continuación, cada neno preparou na casa un TEMA, coa axuda das familias, para expoñelo diante do resto de compañeiros e compañeiras, acompañado dalgunha actividade para así acadar un coñecemento colectivo. Os temas foron os seguintes:

Diferente tempo atmosférico


 Había temporadas de clima moi frío e outras de clima moi cálido

Vivenda (covas e poboados)
 
 As vivendas eran cosntruccións fabricadas con peles, paos e palla. Ditas vivendas se agrupaban e poboados.


Pintura

 Os homes e mulleres da Prehistoria pintaban as cousas que consideraban máis importantes como escenas de caza, tamén lles gustaba pintalas súas mans. Facíano con productos naturais...pero nada de sangue!!! (se fose sangue desaparecería co tempo)

Animais
 

Os dinosaurios foron os vertebrados que dominaron a Terra durante anos. Segundo a súa alimentación podían ser: carnívoros, herbívoros ou omnivoros. Foron extinguidos a causa dun meteorito. 
Os mamuts son os avós dos nosos actuais elefantes. Deles destaca a difultade para cazalos.
En Galicia tamén había animais nesta época, poidemos observar imaxes dunha queixada dun guepardo, atopada en Becerreá.

Alimentación 

 Os homes e mulleres da Prehistoria alimentábanse de carne prodecente dos animais que cazaba, peixe procedente de animais que pescaban e de productos silvestres que recolectaban. Ao final desta época comezaron a cultivar.

Lume
 O descubrimento do lume foi moi importante, xa que grazas a el podíanse quentar, amedrentar animais feros, cociñar e ver no interior das covas.

 Vestimenta 
Para protexerse do frío fabricaban a súa propia roupa con peles de animais, así como non esquencían de facer preciosos complementos con cunchas, dentes de animais...


Tamén fixeron as seguintes ACTIVIDADES:


Construccións megalíticas:




Mural de mamut:


 Pulseira prehistórica:



E para FINALIZAR tivemos a sorte de participar nun obradoiro de arte rupestre cunha auténtica experta, Lorena. 
Neste obradoiro aprendimos que os pigmentos que se empregaban na Prehistoria son o caolín, o ocre, e o carbón. 
E que pintaban e podemos pintar de moitos xeitos:

- coas mans (dixitacións)

- con tampóns

 - con carbón como xiz

- con plumas
  
- e con aerógrafo de boca

 

COMO NOS PUXEMOS E QUE BEN O PASAMOS!!! 
Para ver máis fotos, preme no álbum que segue:
Prehistoria

1 comentario:

  1. Que bo traballo fixéchedes todos e cantas actividades!. Encántame o obradoiro de arte rupestre....seguro seguro que o pasachedes moi ben. Noraboa a todos

    ResponderEliminar