viernes, 20 de marzo de 2015

Eclipse Solar (20 de marzo do 2015)


                   
  Aproveitando o eclipse de sol que tivo lugar o venres día 20, nas aulas de Educación Infantil traballamos algúns aspectos básicos de dito fenómeno, que non se repetirá  ata o ano 2026.

 
  
 Que é o Sol?

-O Sol é unha estrela.

- Emite luz e calor á Terra.






  Que é a Lúa?

- Un satélite

- Non ten luz propia, vémola grazas á luz solar.
 
 

Que é un eclipse Solar?

Prodúcese cando a lúa pasa por diante 
do sol e o oculta.

(En Galiza esta ocultación chegou a un 80% .
O fenómeno comezou ás 9:06h. e durou 
ata as 11:18h. co seu máximo ás 10:10h. )


Que tipos de eclipses solares hai?
 
Total

Anular

Parcial
 

 Os nenos e nenas de Infantil, tamén vivenciaron o eclipse na aula. Coa axuda dunha lanterna (que simbolizaba o Sol) e unha bola de plastilina (a Lúa), produciron varios tipos de eclipses.

 
 E por suposto, viron un vídeo no Youtube:


Como vos anunciamos, a sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) , en colaboración coa Delegación de Ferrol (Praza de Canido s/n) convidounos a gozar deste espectáculo, malia que o tempo non nos acompañou...
 Por ratiño poidemos desfrutar del... podédelo ver na foto que segue?

(Para ver máis fotos, preme 
no álbum que segue)
eclipse solar

No hay comentarios:

Publicar un comentario