O xoves, día 15 de outubro, os nenos e nenas de 2º
e 3º de Educación Infantil realizaron unha excursión as Meniñas de Canido, para
coñecer en primeira persoa as obras de arte que os/as diferentes artistas da
nosa cidade e de fóra dela plasmaron nas rúas de Canido nestes últimos anos. Esta
iniciativa xurdiu no 2008 grazas ao traballo do pintor ferrolán Eduardo
Hermida. A temática elixida para esta proposta artística xira en torna á obra As Meniñas (1656), do pintor barroco
Diego Velázquez (1599-1660).
Fragmento da obra As Meniñas (1656) |
O percorrido ata o barrio de Canido comezou na rúa
Pérez Paralle, á altura das escaleiras que chegan ao Corral do Chapón. Nesta
zoa chamounos a atención a presenza nalgunhas paredes da letra “M”. A profesora
Elena explicounos que estas letras serven para indicar puntos onde poderase seguir
elaborando novas meniñas nun futuro próximo. Tamén resaltou que calquera persoa
pode participar nesta orixinal iniciativa.
Unha vez chegamos ata o Corral do Chapón, puidemos
admirar as diversas maneiras de entender e plasmar o lenzo de As Meniñas . Tamén decatámonos de que a
través destas manifestacións artísticas o noso corpo experimenta diferentes
emocións e estados de ánimo: algunhas fixéronnos graza, outras non espertaron
grande interese, unhas fixéronnos falar
e preguntarnos cousas, noutras non tiñamos palabras, etc.
Dende o Corral do Chapón, pasando pola rúa Alegre, chegamos ao parque
infantil onde puidemos seguir contemplando diversas versións de As Meniñas de Velázquez. Empregamos a
obra de Pablo López Blanco para repasar os coñecementos que estivemos
traballando sobre o cadro na aula: “¿Quen
é a Infanta Margarita?”, “¿Onde están
o rei e a reina?”, “¿Quen ten a cara
agochada por moitas cores?”, “¿Atopas ás meniñas dentro do cadro?”. ¡Todos e todas recordaron o explicado no colexio!
Ao lado desta obra multicromática, observamos outras maneiras de
representar as meniñas que retratou no seu día o pintor Velázquez. Un
claro exemplos son as meniñas con cabezas de Darth Vader, de cisne ou mesmo de
guitarra española. Ademais, agradounos unha obra que representaba
matemáticamente o cadro de As Meniñas,
que serviunos para repasar có alumnado dunha maneira práctica e lúdica
conceptos básicos da matemática como son as figuras xeométricas e os números. Rematando
con este recuncho, unha das obras que máis gustou as nenas e nenos foi as
meniñas da terra, do mar e do aire, polo ben que parecían estar pasándoo
xogando xuntas. Xa que tiñamos o parque ao lado, aproveitamos para facer un
breve descanso.
Emprendendo a marcha de novo, dirixímonos cara un dos lugares neurálxicos
do barrio: O Cruceiro de Canido. De camiño ao cruceiro, vimos unha
representación artística moi curiosa e ata un pouco estraña que captou a nosa
atención dende o primeiro momento. Tratábase dunha meniña pintada na parede e o
seu vestido era o recipiente do lixo adornado con cores. ¡Canta creatividade!
Unha vez alcanzamos o Cruceiro de Canido, fixámonos en como os locais da zona
tiñan nas súas fachadas diferentes meniñas e aproveitamos para sacar unhas
fotos ao grito de “¡Opa Canido!”.
No último percorrido, baixamos pola rúa Insúa ata chegar á parada do bus.
Neste traxecto, vimos unha serie de meniñas que tiñan un forte lazo coa nosa cidade e có pobo galego, o que nos permitiu acercar a nosa
valiosa cultura aos alumnos e alumnas do noso centro.
Para rematar,
tanto as mestras como os alumnos e alumnas do Valle-Inclán 1 queremos remarcar a
marabillosa experiencia que supuxo esta saída para coñecer en profundidade
a nosa cidade e as diferentes manifestación de arte que temos tan preto de nos
e que fan de Ferrol un lugar máis acolledor, visualmente máis atractivo e, en
definitiva, único. Creemos que esta iniciativa de Eduardo Hermida no barrio de Canido é unha valiosa
forma de reivindicar a importancia do arte nas nosas vidas. En definitiva... ¡Viva o arte, vivan as meniñas, e... Viva
Canido!
Podedes ver máis fotografías no seguinte álbum:
Podedes ver máis fotografías no seguinte álbum:
No hay comentarios:
Publicar un comentario