miércoles, 23 de diciembre de 2015

O poboado indio (4º Ed. Infantil)


Antes de nada, gustaríame dárvolas grazas ás familias que colaboráchedes cos vosos fillos/fillas e comigo na investigación dos indios. Considero que causou moita ilusión e emoción nos vosos meniños. Pareceume moi boa a adaptación que fixéchedes da información. De novo, moitas grazas!!!

Nun primeiro momento, introducín na aula o tema dos indios e estes son os coñecementos previos que tiñan os nenos e nenas:
- "Tienen la cara roja y el pelo marrón".
- "Comen vacas y leche".
- Viajan "a caballo" y/o "corriendo".
- "Viven en la selva"

Pintámonola cara, como auténticos indios e indias










E xogamos á "vida dos indios e indias" en psicomotricidade:
“En un lugar muy lejano vivía una gran tribu india. Al amanecer se levantaban, se vestían con sus atuendos, se lavaban la cara en el río, desayunaban y alrededor de su tótem hacían la danza de la lluvia. Todos bailaban contentos al mismo tiempo que daban su grito de guerra. Cuando terminaban, buscaban sus caballos y se iban en busca de comida para toda la familia. Sacaban sus arcos, sus flechas y sin hacer nada de ruido buscaban a su presa. Al regresar, preparaban todos los enseres para el gran festín y una vez que terminaban se dirigían a su tipi para poder relajarse y esperar la puesta de sol.”

O tema dos indios, dividímolo en subtemas. Cada día, varios nenos e nenas investigaban nas súas casas sobre ditos subtemas e ao día seguinte, os expoñían aos seus compañeiros e compañeiras e mesmo traían xoguetes, desfraces e DVDs relacionados, para compartir na clase.

A continuación sinalo o que aprendimos dos indios:

Onde vivían os indios? (Investigadores: Ángeles, Natalia e Víctor)

* Vivían en tipis.
* Os tipis eran feitos con paos e peles de animais.


Ademais, contamos coa colaboración do meu pai, que nos fixo a estrutura dun tipi con cañas de bambú. Os nenos e nenas similaron a pel de animal para cubrilo, con papel continuo. Obviamente, o meu pai non puido saír da clase sen ser pintado coma un indio!!!

Que comían?(Investigadores: Daniela, David e Zache)
Como non había supermercados nin prazas de abastos, os indios e indias comían:
* O que cazaban (con lanzas, arcos e frechas).
* O que pescaban (axudados de canoas).
* O que cultivaban.
- E cociñaban os alimentos con lume.

Como se vestían e maquillaban?
(Investigadores: Ángel, Lucas e Xiana)

* Tiñan diferentes vestimentas: para as festas, para cazar...
* Facían a roupa e o calzado (mocasíns- mocasines) con peles de animais.
* Os indios eran moi presumidos. Adornaban o seu corpo con colares (como o que fixemos na clase) e a cabeza con penachos ou vinchas (elaborados con plumas de aguias).
(penacho)                                    (vincha)



Que medios de transporte empregaban?
(Investigadores: Ada, Adriana e Andy)
                     
* Os cabalos.
* As canoas.

Como era a súa música?
(Investigadores: Adrián, Hugo e Izan)

*Os indios facían músicas con tambores, maracas e frautas. Con ditas danzas e músicas pedíanlles aos deuses o que necesitaban. 

(premede no primeiro vídeo se queredes volver a velo conto da danza da choiva, e no segundo vídeo se queredes bailar)

E coñecimos a algún xefe indio 
(Investigadores: Martín e Raúl)
* Que teñen uns nomes moi orixinais


Os contidos anteriormente citados son os mencionados polos nenos e nenas nunha asamblea ao rematala investigación. Ademais, algúns xa plasman os novos coñecementos en debuxos, como os que seguen:


Entre todos e todas fixeron un bo traballo, non si!? Parabéns!!!

Outros recursos de interese:
- Película de Pocahontas.
- Érase una vez el hombre. Indios.

(Se queredes ver máis fotos da investigación, premede no álbum que segue)
Indios

No hay comentarios:

Publicar un comentario