miércoles, 24 de febrero de 2016

Entroido 2016

 Gifs Animados Carnaval (17)Gifs Animados Carnaval (17)Gifs Animados Carnaval (17)Gifs Animados Carnaval (17)
O pasado venres 5 de febreiro, os nenos e nenas do colexio celebrámolo Entroido.O alumnado do centro desfrazouse de diferentes aspectos vencellados ao movemento artístico reinvidicativo das Meninas de Canido. Os rapaces e rapazas de Educación Infantil desfrazámonos de... VELÁZQUEZ:


Tivemos a sorte de contar coa colaboración dalgunhas nais de 4 anos, que nos fixeron os personaxes da obra "As Meninas", nós decorámolos na clase, e quedaron superbonitos para decorala nosa festa. Moitas grazas artistas!!!


Na nosa festa tamén degustamos produtos típicos do Entroido... puxémonos as botas!!!

Se queredes ver máis fotos, premede no álbum que segue:
Entroido 2016

lunes, 8 de febrero de 2016

SAÍDA AFUNDACIÓN

O día 2 de Febreiro visitamos de novo Afundación de Ferrol para asistir á representación teatral da obra "Tristán cara de can" a cargo da compañía Elefante Elegante Teatro.




Tristán, de tan triste que estaba, decidiu arrincalo seu corazón para nunca máis sufrir. Mais Tristán non deixou de facelo, e o que é pior, nunca máis voltou sorrir.
A partir daquela pasaron a chamarlle "Tristán cara de can".
Un bo día , dentro dunha misteriosa caixa, apareceu unha boneca que vai tentalo todo para facelo rir.
Será quen de conseguilo?


   

A área educativa de Afundación brindou aos escolares de 3 a 6 anos a oportunidade de ver esta representación de teatro xestual, que pensamos que foi moi adecuada para estas edades e divertidííííííísima.

Xulgade vós mesmas




Pinchade abaixo para ver máis fotos


O NOSO ENTROIDO. 6º Educación Infantil.

Ao longo destas últimas semanas os nenos e nenas da aula de 5 anos, coa axuda das familias, recolleron información sobre algúns dos personaxes máis significativos do Entroido galego. Esta información valeulles para aprender cousas da nosa cultura e transmitirllas ao resto dos seus compañeiros e compañeiras.




O primeiro personaxe que coñecimos foi o VOLANTE de Chantada.

Álvaro e Sara explicaron que o seu atuendo é un dos máis impresionantes. Destaca especialmente o "pucho", un aparatoso tocado de ata 15 kg., adornado con fitas,flores e incluso bonecas.



Continuamos a nosa investigación cos XENERAIS da ULLA. Esta festa está inspirada nas loitas que tiveran lugar na comarca do río Ulla na primeira metade do século XIX.
Ainhoa e Yago contáronnos que os Xenerais vestidos coas súas mellores galas, igual que os cabalos, percorren as rùas e vilas dando vivas. Mais o realmente divertido son os atranques, batallas dialécticas entre un Xeneral invasor e outro defensor.




Iván e Yerai faláronnos dos BOTEIROS de Viana do Bolo. Este personaxe leva sempre a cara tapada por unha máscara rematada nun impresionante penacho e un traxe multicor de fitas de seda.A misión do Boteiro e anunciar e abrir paso ao Folión dando saltos sobre a monca.




E agora imos ata Xinzo de Limia para coñecer as PANTALLAS. Estes personaxes van coa cara cuberta por umha pantalla, unha espléndida máscara que lle da o nome ao conxunto. Son as encargadas de vixiar que todo o mundo vaia disfrazado facendo soar un par de  globos feitos de vexigas de animais que golpean un contra outro.
Mateo García e Mateo Gómez explicárono fenomenal.


E rematamos a nosa viaxe en Laza cos PELIQUEIROS. Este personaxe leva un cuidado e orixinal atuendo que pode pesar ata 25 kg.. Segundo a tradición non se lle pode tocar nin suxar... aínda que si se lle pode insultar. O traxe se complementa cun cinto de chocas e a zamarra, unha fusta que emprega sobre os que non van disfrazad@s. 
Andrés e Yanira contáronnos que o Domingo de Entroido chegan a xuntarse ata 150 deles na "Estrea do Peliqueiro"




Estes cinco personaxes son só unha pequena representación do noso Entroido, a festa máis subversiva do ano onde todo é posible.
Mágoa que remate!!!

Se queredes ver máis fotos pinchade no seguinte


Entroido Galego