O primeiro personaxe que coñecimos foi o VOLANTE de Chantada.
Álvaro e Sara explicaron que o seu atuendo é un dos máis impresionantes. Destaca especialmente o "pucho", un aparatoso tocado de ata 15 kg., adornado con fitas,flores e incluso bonecas.
Continuamos a nosa investigación cos XENERAIS da ULLA. Esta festa está inspirada nas loitas que tiveran lugar na comarca do río Ulla na primeira metade do século XIX.
Ainhoa e Yago contáronnos que os Xenerais vestidos coas súas mellores galas, igual que os cabalos, percorren as rùas e vilas dando vivas. Mais o realmente divertido son os atranques, batallas dialécticas entre un Xeneral invasor e outro defensor.
Iván e Yerai faláronnos dos BOTEIROS de Viana do Bolo. Este personaxe leva sempre a cara tapada por unha máscara rematada nun impresionante penacho e un traxe multicor de fitas de seda.A misión do Boteiro e anunciar e abrir paso ao Folión dando saltos sobre a monca.
E agora imos ata Xinzo de Limia para coñecer as PANTALLAS. Estes personaxes van coa cara cuberta por umha pantalla, unha espléndida máscara que lle da o nome ao conxunto. Son as encargadas de vixiar que todo o mundo vaia disfrazado facendo soar un par de globos feitos de vexigas de animais que golpean un contra outro.
Mateo García e Mateo Gómez explicárono fenomenal.
E rematamos a nosa viaxe en Laza cos PELIQUEIROS. Este personaxe leva un cuidado e orixinal atuendo que pode pesar ata 25 kg.. Segundo a tradición non se lle pode tocar nin suxar... aínda que si se lle pode insultar. O traxe se complementa cun cinto de chocas e a zamarra, unha fusta que emprega sobre os que non van disfrazad@s.
Andrés e Yanira contáronnos que o Domingo de Entroido chegan a xuntarse ata 150 deles na "Estrea do Peliqueiro"
Estes cinco personaxes son só unha pequena representación do noso Entroido, a festa máis subversiva do ano onde todo é posible.
Mágoa que remate!!!
Se queredes ver máis fotos pinchade no seguinte
Entroido Galego |
No hay comentarios:
Publicar un comentario