domingo, 17 de abril de 2016

Semana da Prensa


Como todos os anos, chega a semana da prensa e poñémonos a traballar cos xornais.
Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil descubrimos que hai diferentes medios de comunicación, e entre eles está o xornal. Puidemos comprobar que hai distintos xornais, cada un co seu nome; que están divididos en seccións que nos axudan a comprender as diferentes noticias...




Así aprendimos a elaborar un xornal propio onde plasmamos as ideas que nos inspiraban diferentes fotografías.
Quedounos moi chulo e o mellor é que podemos levalo para casa e valorar coas nosas familias o traballo realizado.



Tamén descubrimos que os xornais que van quedando atrasados poden servir para facer infinidade de cousas. Qué tal uns colares?




Ou mesmo unhas bolas perfeitas para xogar ao fútbol, baloncesto...Que divertido!!!





Se queredes seguir vendo máis imaxes destas actividades, pinchade no seguinte enlace.

SEMANA DA PRENSA 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario