Estimadas familias,
O vindeiro venres, 28 de outubro, celebraremos o Magosto e o Samaín no colexio e os nenos e nenas poderán vir desfrazados.
A partir do martes 25, poderán traer castañas crúas e preparadas para asar. Ademais, poderán traer tamén unha cabaza decorada que se expoñerá na entrada do colexio. O día da festa, levaranna de volta para as súas casas.
En Educación Infantil, precisamos a vosa axuda para a elaboración do envase para meter as castañas asadas. Os nenos e as nenas traerán o dito envase o xoves.
Materiais
un envase de tetrabrick de 1 litro
lá ou cordón
tesoiras
Procedemento
1. Cortar o tetrabrick á metade, reservando a parte inferior
2. Insertar o cordón ou a lá para poder colgalo no pescozo
3. Poñer o nome
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario