jueves, 29 de diciembre de 2016

Proxecto China


Ao longo do mes de Novembro os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil investigamos sobre un país prácticamente descoñecido para nós: China.


Descubrimos que en China as persoas comen moito arroz e beben moito té. ¡Qué curioso, collen a comida con pauciños! Se non que lles pregunten a Andy, Daniela, Natalia e Ángel.








Tamén os nosos compañeiros explicáronnos que as casas tradicionais de China chámanse PAGODAS. Moitas están construidas con madeira e son preciosas.
Mirade!





¡Bravo por Izan, Víctor e Raúl!


Quen non coñece ao Oso Panda... Pois si; este é un dos animais máis coñecidos de China. Pero, a que non sabíades que hai uns monos de cara azul?
¡Que ben nolo explicaron Martín, Zache, Adriana e Ada!





E por último imos coñecer algún costume deste país. Da man de Lucas,David e Hugo soubemos da existencia da Gran muralla Chinesa, de que hai gansos policía, que podemos atopar xente durmindo en calquera sitio (non perdoan unha boa siesta) e un montón de curiosidades máis.





E así de chulo nos quedou o noso cantiño de China.


¡QUE BEN O FIXERON ESTES NENOS E NENAS! E POR SUPOSTO AS MAMÁS E PAPÁS QUE AXUDARON A BUSCAR A INFORMACIÓN!



No hay comentarios:

Publicar un comentario