O pasado venres, 10 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ver a obra teatral con monicreques: OSIÑO á Afundación.
A primeira hora saimos moi emocionados do colexio, FOMOS EN AUTOBÚS!!!
Durante o traxecto vimos un parque, un centro médico, a piscina, unha ponte, o peirao, e o mercado da Magdalena.
Nada máis chegar, baixamos do autobús e gozamos dun minipaseo pola Alameda do Cantón, ata chegar á Afundación.
Durante o espectáculo observamos como un anaco de bosque, onde vive Osiño coa súa nai, se transforma coa chegada das diferentes estacións:
- No inverno: Osiño ten moito frio, pero a súa nai anímao a xogar coa neve e facer un boneco.
- Na primavera: coñecimos ao avó de Osiño que nos contou un conto de cando a nai era pequena e coñeceu a un fermoso paxaro.
- No verán: dimos un paseo nocturno para poderlle levar á súa nai un pedazo de queixo moi especial.
- E no outono: celebramos o aniversario de Osiño cos seus amigos: Porquiño, Coello e os ratos.
Pasámolo moi ben!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario