miércoles, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller Traballadora


Os nenos e nenas de Educación Infantil participaron na lembranza do Día Internacional da Muller Traballadora. Ademais de falarlles da súa orixe, traballamos a dita data co conto- rap de SuperLola.

SuperLola nace do inconformismo para abrir ventás e camiños. Narra a historia dunha nena inqueda e valente que quere cambiar o mundo. Ademais, o relato aposta por un cambio das estrictas normas que rixen a nosa cultura sexista. É unha historia de superación por alcanzar algo que debería ser un dereito fundamental e inalienable nas nosas vidas: o dereito á IGUALDADE REAL entre nenos e nenas, entre mulleres e homes. Esta superheroína, en realidade é unha nena normal e corrente, invítanos a reflexionar sobre outros modelos, comportamentos e actitudes libres de estereotipos e roles de xénero apostando así pola coeducación.

A continuación podedes ver o vídeo:

¡¡¡TODOS SOMOS SUPERLOLA, LA HEROÍNA QUE MÁS MOLA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario