lunes, 5 de junio de 2017

Día Mundial do Medio Ambiente

Onte, 5 de xuño, os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.

Este ano o dito evento xirou ao redor da idea de Conectar as persoas coa Natureza, así que aproveitamos a fin de semana e dimos un paseo e collimos algunha mostra do noso contorno natural como poden ser pedras, fiúncho, felgos, pinica dos piñeiros, flores e mesmo algún froito... propios desta estación na que estamos, a primavera.






Ademais...uns días antes tivemos os coellos de Ania na clase, viva!!! que suaves eran!!! Grazas papá e mamá de Ania!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario