viernes, 23 de febrero de 2018

Buscamos o máis vital na Natureza: a Selva


Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil investigaron, grazas á colaboración das familias, sobre a SELVA. E aprenderon o seguinte:

Na Selva vai moita calor e chove moitísimo

DANIEL D. e PAULA M.. ensináronnos moito sobre a vexetación. 
Hai tantas árbores, plantas, arbustos... que parece un teito, que ás veces, non deixa pasar a luz.

Centráronse na árbore do cacao:

Ten as follas grandes

E dá uns froitos que primeiro son verdes, pero logo maduran:

Córtanse e póñense a secar ao sol:

E finalmente machácanse:

En canto ás plantas suliñan a flor de paxaro e os nenúfar, que medran nas augas:


CORAL, DANIEL C. e JORGE. informáronse sobre os animais aéreos:

Que poden ser insectos como as 
 Bolboretas                                    Libélulas
 Mosquitos

Aves:
- A maioría, con plumas de cores rechamantes.
- Aliméntanse de froitos secos, froito ou arcilla.
Cacatúas                                   Tucán

  Colibrí                                  Trogón

  Águias                                    Guacamaios 
(que non berran diante das súas crías)

E incluso morcegos:


PAULA C. e THIAGO pescudaron sobre os animais terrestres:

 LEÓNS: En cada manda de leóns, a que caza é unha leona. Gústalles moito as CEBRAS

 TIGRES: magníficos nadadores e trepadores. Gústalles moito os MONOS

 PANTERA                 GACELA

 OSO                             RINOCERONTE

  ELEFANTE (os grandullóns)       XIRAFA (teñen o pescozo longo
para chegar ás follas das árbores)      

Ademais, Paula C. propúxonos un xogo, e foi xenial!!! tiñamos que relacionar unha foto real de animais terrestres coa figura de xoguete, se acertábamos, a serpe Paca dábanos unha aperta, foi superdivertido!!!




ALEJANDRO, JULEN e XAVI indagaron sobre os animais acuáticos:    

  ANACONDA (a serpe máis grande)               TARTARUGAS 


   Tanto os CROCODILOS coma as PIRAÑAS teñen perigosos e afiados dentes

ANGUILAS                HIPOPÓTAMOS

 DELFÍN ROSA  

 LAURA descubriu que na selva viven unha persoas moi baixiñas que se chaman pigmeos e son negros. Aliméntanse recolectando e cazando. Ademais, constrúen as súas vivenda con follas, chámanse, mongulus.


 Moitas grazas familias!!! 
A vosa colaboración motivou moitísimo a nosa ilusión por aprender!!!


Na clase tamén vimos, limos e relimos libros sobre a selva, entre eles:




  Mesmo, nós soímos dímonos conta de que se repetían páxinas de animais da selva en distintos libros!!!


 E fixemos puzzles:




No hay comentarios:

Publicar un comentario