sábado, 28 de abril de 2018

Semana do libro



Para conmemorar o Día do Libro,  o alumnado de educación infantil fixo un intercambio de libros. O obxectivo deste intercambio é  achegalo ao mundo da fantasía, imaxinación... é dicir, ao mundo da literatura infantil, e tamén para traballar valores como compartir, coidar o libro que me prestaron, devolvelo no seu día...






Tamén, os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil elaboraron un LAPBOOK das Aventuras de don Quixote da Mancha.



Un lapbook é unha práctica didáctica plástica que permite expoñer un tema, neste caso, unha das grandes novelas da historia. Os contidos que abordamos son os que seguen:

O seu escritor foi MIGUEL DE CERVANTES:








 O seu personaxe máis importante é DON QUIXOTE, que era un fidalgo ao que lle encantaba ler libros, e de tanto ler e pouco durmir, toleou.

Mais, tamén coñecemos outros coma ao seu cabalo Rocinante, ao seu axudante Sancho Panza, á súa namorada Dulcinea...




A obra conta as aventuras de Don Quixote, na compaña do seu fiel escudeiro Sancho Panza. 

Nunha delas, Don Quixote veu MUÍÑOS, pensaba que eran xigantes e atacounos:




Tamén pensou que un rebaño de OVELLAS era un exército e atacounas. As ovellas defendéronse e lle romperon algún dente.



E como pobre Quixote cada vez estaba máis tolo, intentamos axudarlle a ordenar as súas ideas a través de SOMBRAS:


Finalmente, dímonos conta de que repetíamos e repatíamos "los mozos de la venta mantearon a Sancho Panza" pero non sabíamos que era mantear. Para resolver a dúbida formulamos hipóteses (unha delas acertada), e logo confirmamos o significado no dicionario online da Real Academia. E non podíamos rematar o lapbook sen mantear nós mesmos...e como non estaba Sancho Panza con nós. Decidimos mantear a Pelitos!!! Tivemos que esforzarnos moito para que non caera e non se fixera dano:



E como non podía ser menos, esta semana, algúns nenos e nenas de 6º de Primaria contáronos a historia de Grisela na nosa querida biblioteca do cole. 


Neste lugar máxico do cole pasámolo ben, tan ben, que todos os días cando volvemos á clase do recreo, insistimos en que queremos ir a que nos conten un conto os maiores malia que sabemos de sobra que só nos toca os martes. E cando por fin é martes, despois de que nos conten un conto... pedimos animosamente que, por favor, nolo volvan a contar. 
Por todos estos bos momentos, polo esforzo e polo traballo previo...

MOITAS GRAZAS NENOS E NENAS MAIORES E TAMÉN ÁS SÚAS PROFES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario