Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil pescudamos sobre a India.
A nosa profe comentounos que Pelitos e Peloncho foran á India. Amosounos o dito país no mapa dun libro:
Posteriormente xa fomos capaces de atopar a India ata nunha pelota:
Presentounos a súa bandeira e falounos un pouco da súa xente, isto animounos moito para investigar:
AROA e JULEN buscaron información sobre os ANIMAIS que viven na India:
Na India os monos andan polos tellados das casas, e hai que coidar das cousas xa que son uns ladronzuelos!!!
Nas selvas da India existen dous tipos de tigres: o branco e o laranxa. Son moi perigosos mais están protexidos.
As vacas son un animal sagrado: non se poden molestar, entran nas casas, non beben a súa leite nin comen a súa carne...
Os elefantes son empregados como medio de transporte e ferramenta de traballo. Poñenlles mantas rechamantes para decoralos.
As serpes son capaces de bailar grazas á melodía do encantador de serpes que fai coa súa frauta.
Pescudando en varios libros profundizamos en varios animais e descubrimos outros da India que non coñecíamos, como por exemplo: o rinoceronte indio
E Xavi informounos que no río Ganges hai distintos tipos de golfiños
JORGE e PAULA M. investigaron sobre o XEITO DE VESTIR que teñen na India:
A roupa que visten as mulleres chámase sari e a dos homes dothi e ás veces levan turbante na cabeza.
Tamén poden lucir un bindi na súa fronte para sinalar que as mulleres están casadas ou para que os nenos e nenas se vexan máis guapos. Nós non íamonos ser menos e puxemos o bindi que nos trouxo Jorge e tamén nolo pintamos.
Aos nenos pequenos tamén lles pintan os ollos, sabedes os motivos?
DANIEL D. e THIAGO amosáronnos a ALIMENTACIÓN E COSTUMES que teñen na India:
- Comen coas mans.
- Cando hai moita xente comen no chan
- A comida dos thali (bandexas) non se pode compartir
- Beben moito té. Na India hai grandes plantacións da planta do té e secadoiros que o procesan, empaquetan e distribúen.
CORAL, LAURA e PAULA C. informáronnos sobre ARTE:
-Os monumetos máis famosos da India está feitos con:pedra, bronce e ouro.
- Reflexan a relixión e cultura do país.
- Un dos monumentos máis importantes é o TAJ MAHAL.
DANIEL C. E XAVI pescudaron sobre a XEOGRAFÍA:
HIMALAYA, cordilleira situada na India:
- É a máis alta do mundo. Está formada polas montañas máis altas do mundo. A máis importante é o Everest.
- Moitas persoas van escalar con axuda dos sherpas
- Nela nacen varios ríos, o máis importante é o Ganges.
GANGES,un dos ríos máis grandes do planeta:
- O río Ganges transcorre por varias cidades.
- A xente acode a bañarse ao río malia que está moi contaminado.
- No río hai varios tipos de golfiños.
E para rematar ALEJANDRO e IKER informáronnos sobre o FESTIVAL HOLI:
- O festival Holi celébrase para celebrar a cegada da primavera.
- A xente lánzase polvos de cores e auga de cores simulando as cores alegres da primavera.
-É un momento máxico de alegría, diversión, música e danza.

- Non come terneira e moitos son vexetarianos. Adoitan comer polo, cordeiro, peixe e moitas verduras, sempre acompañado de arroz e con moito picante.
- Beben moito té. Na India hai grandes plantacións da planta do té e secadoiros que o procesan, empaquetan e distribúen.
CORAL, LAURA e PAULA C. informáronnos sobre ARTE:
-Os monumetos máis famosos da India está feitos con:pedra, bronce e ouro.
- Reflexan a relixión e cultura do país.
- Un dos monumentos máis importantes é o TAJ MAHAL.
DANIEL C. E XAVI pescudaron sobre a XEOGRAFÍA:
HIMALAYA, cordilleira situada na India:
- É a máis alta do mundo. Está formada polas montañas máis altas do mundo. A máis importante é o Everest.
- Moitas persoas van escalar con axuda dos sherpas
- Nela nacen varios ríos, o máis importante é o Ganges.
GANGES,un dos ríos máis grandes do planeta:
- O río Ganges transcorre por varias cidades.
- A xente acode a bañarse ao río malia que está moi contaminado.
- No río hai varios tipos de golfiños.
E para rematar ALEJANDRO e IKER informáronnos sobre o FESTIVAL HOLI:
- O festival Holi celébrase para celebrar a cegada da primavera.
- A xente lánzase polvos de cores e auga de cores simulando as cores alegres da primavera.
-É un momento máxico de alegría, diversión, música e danza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario