Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil, coa axuda das nosas familias, investigamos sobre un país moi lonxano: XAPÓN. Ollade cantas cousas aprendimos.
A súa bandeira consiste nun rectángulo de cor branca e cun gran disco vermello (representando ao Sol) no centro. Coa dita bandeira decoramos a nosa clase:
Bruno e Valeria informaron sobre as vivendas no Xapón:
- As casas tradicionais están feitas de madeira e teñen paredes móbiles.
- Para entrar nas casas temos que quitarnos os zapatos.O chan chámase "tatami".
- Non teñen camas como as nosas.
Laura e Javier amosáronnos sobre a vestimenta no Xapón:
- O traxe tradicional é o kimono e o calzado chámase geta.
- para ir á escola visten uniforme, coma nós, só que é diferente
Naiara fíxonos unha detallada presentación da alimentación:
- Cando comemos non podemos xogar, lamber nin pasala comida.
- Os xaponeses non comen con culleres e garfos, senón con palillos. Os palillos sempre teñen que estar xuntos.
- Os panos de mesa están mollados, chámanse sabori e póñense á esquerda.
- Non se crava na comida nin se trincha.
- Podemos sorber a sopa.
- Debemos de comer toda a comida que nos serviron.
- Os principais alimentos son o arroz (á esquerda), sopa (dereita), sushi, verduras, pastas...
- O máis chamativo: comen sentados no chan. Nós non nos puidemos resistir e un día merendamos coma eles, mais non a todos e a todas nos resultou moi doado. Aínda así, a experiencia resultou xenial.
- E cando rematamos de comer temos que dicir goehi (inclinando a cabeza)
Antía e Claudia contáronnos a conmomedora historia de Hachiko:
-Hachiko era un can de raza Akita que vivía en Xapón co seu dono.
- O mestre todos os días iba á estación, onde collía o tren para ir traballar. Alí, Hachiko agardaba por el ata que regresaba
- Pero un día o mestre morreu, mais Hachiko seguiu agardando por el na estación durante moitos anos, ata que o pobre Hachiko morreu.
- En varios sitios de Tokio, puxeron estatuas do amigo akita, por demostrar a súa LEALTADE ao seu dono, o seu amigo e compañeiro de bos momentos.
Ollade o vídeo que segue, pero con moito coidado, sabemos que algúns maiores non poden aguantar a choreira.
Valentina informounos da música que escoitan en Xapón, e centrouse nos instrumentos:
- Koto, un instrumento de cordo.
- Shakuhachi, que é unha frauta
- Shamisen, instrumento de 3 cordas
- E o den den daiko, que é un tambor tradicional. E tivemos a sorte de que nos trouxo un para clase e poidémolo tocar.
Tamén tivemos a oportunidade de experimentar algo co origami, fixemos a cabeza dun canciño tan só plegando papel sen empregar tesoiras nin pegamento.
E fixemos un abano típico
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario