jueves, 31 de enero de 2019

Burbujas de papel


O pasado 31 de xaneiro, malia o mal tempo que ía, as nenas e nenos de Educación Infantil fixemos unha saída cultural á Afundación.

Fomos ver o espectáculo Burbujas de papel, gañadora do Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feria de Teatro de Castilla- León (Ciudad Rodrigo). 

Nos días previos á saída, fixemos uns collares identificativos pegando as letras dos nosos nomes:






 Cando chegou o momento de saír, tivemos moita sorte de que non chovía moito e que estaban as mamás e papás para axudarnos a baixar e non mollarnos, e montamos no AUTOBÚSSSS!!!! Que ilusión nos fai sempre ir nel!!! Fomos todo o camiño cantando todas as cancións que se nos viñan á cabeza, incluídas panxoliñas jejeje.







E por fin chegamos ao espectáculo: na obra combínouse a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que nos fixo viaxar a un mundo fantástico.




Aínda que a súa duración foi de case 50 minutos,un trompetista namorado das burbullas e unha fada moi traviesa fixéronnos manter a atención en todo momento. Déronos pe a participar e mesmo rematamos bailando. Se queredes ver un pouco do que vimos, ollade o vídeo que segue:


PASÁMOLO XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario