viernes, 26 de abril de 2019

Semana do Libro 2019


Os nenos e nenas de Ed. Infantil, logo dunhas merecidas vacacións, celebramos a Semana do Libro. Este ano centrámonos en: O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas


Ao tratarse dun conto acumulativo, foi moi doado e agradecido facer un libro-roda. Martiño ten que cociñar unha tarta para o rei, mais desapareceron as cenoiras que precisa. A través do libro-roda, os nenos e nenas lembramos os personaxes cos que se atopa o cociñeiro ata resolver o misterio.





 Aproveitamos a historia do libro para dramatizalo durante toda a semana. Iso foi xenial!!! Gústanos expresarnos, comunicar mensaxes e incluso cambialas sobre a marcha (a Martiño quedáronlle cartas na silveira e tivo que voltar a recuperalas despois de facer a tarta).






E para rematar tivemos unha gran sorpresa: 
VEU O ESCRITOR, IAGO LÓPEZ, A CONTARNOS O SEU CONTO AO COLE!!!
Amosámoslle os libro-roda que fixemos, asinounos o conto, ensinámoslle fotos das nosas dramatizacións e mesmo tivemos que axudarlle a contar o conto.







QUE TODAS AS SEMANAS DO ANO, SIGAN SENDO SEMANAS DO LIBRO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario