Os nenos e nenas de 4º de Educación de Infantil, neste
trimestre, participamos nun proxecto que ten como centro de interese o XAPÓN:
Antes de nada, decoramos a clase con badeiras xaponesas, que
son moi doadas de facer: un rectángulo branco, cun círculo vermello no centro.
Isto, tamén nos deu pé, a traballar as figuras xeométricas:
Ao longo desta aprendizaxe, contamos coa colaboración das nosas
familias para investigar sobre os seguintes aspectos xaponeses:
Como son as casas do Xapón?
Diego contounos
que:
-
Os tellados das casas xaponesas parecen tendas
de campaña
- -As paredes non son duras como as nosas, son
brandas como o papel do noso tipi. Hai que ter coidado porque se poden romper.
-
As mesas son baixas e non hai cadeiras para
sentarse nela, os xaponeses e xaponesas séntanse en coxíns. Ademais, as camas
están no chan.
-
O chan está cuberto por unha alfombra que se
chama tatami.
-
Adoitan ter uns preciosos xardíns
Que e como comen os xaponeses e xaponesas?
Paula díxonos que
os alimentos fundamentais son:
E diferenciamos varios tipos de sushi:
NIGIRI MAKI
GUNKAN CON SALSA WASABI
Tamén nos informou sobre os bos modais xaponeses, que son diferentes aos nosos:
Está mal
Está ben
E os utensilios básicos son:
Ademais, Eric engadiu os utensilios precisos para facer a ceremonia do té:
Como é a música nipoa?
Bruno centrouse nos instrumentos, destacando os que seguen:
Marco amosounos
fotografía dalgúns xoguetes do Xapón
Marco trouxonos un den-den-daiko e Eric unha peonza
Como visten os xaponeses e xaponesas?
Os nipóns e nipoas visten quimonos. E así nolo amosaba Eric.
E adoitan levar un abano, como os que fixemos.
Tamén puidemos aprender outros aspectos deste país a partir de contos como:
E dun episodio dos Super Wings en Xapón
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario