martes, 25 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020


O pasado venres, 21 de febreiro, celebramos o Entroido no cole. Este ano a temática xirou ao redor da alimentación sá e dos xogos.

Na nosa etapa, dámoslle moita importancia á froita (comémola dúas veces á semana), entón decidimos desfrazarnos de:
DOMINÓ DE FROITAS!!!




Fixemos o noso desfraz sen apenas axuda. Recortamos as froitas, as pegamos e puxemos o noso nome ao desfraz:






Fabricamos as nosas maracas con botes de iogur e arroz:







 Aquí tendes o resultado:













  Vestidos con estes desfraces, fixemos un desfile polo exterior do cole. MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS!!! 

E rematamos a festa comendo lambetadas desta celebración!!!






 Os días anteriores fixemos obradoiros de caretas e maquillaxe:








 E os maiores de Infantil, investigaron sobre cinco figuras moi importantes no ENTROIDO GALEGO:




BOTEIRO





PANTALLA






PELIQUEIRO



VOLANTES




 XENERAIS




No hay comentarios:

Publicar un comentario