jueves, 6 de febrero de 2025

Plurinfantil: Irene González

 En  Plurinfantil, xs nenxs de Ed. Infantil seguen a participar no proxecto anual das mulleres galegas pioneiras, e seguimos con...

IRENE GONZÁLEZ (1ª xogadora galega e española de fútbol)

(En Plurinfantil, lxs niñxs de Ed. Infantil siguen participando en el proyecto anual de las mujeres gallegas pioneras, y seguimos con... IRENE GONZÁLEZ, 1ª jugadora gallega y española de fútbol).

 


 Descubrimos o seu rostro facendo un quebracabezas por equipos.

(Descubrimos su rostro haciendo un puzzle por equipos).
 
   
 

 Adiviñaron a súa profesión grazas a unha pista táctil

(Adivinaron su profesión gracias a una pista táctil).


 Practicamos o deporte rei e así diferenciamos as dúas posicións nas que xogaba Irene: porteira e delanteira.

(Practicamos el deporte rey y así diferenciamos las dos posiciones en la que jugaba Irene: portera y delantera).
 
 


Investigamos nos escritos que fan referencia á súa historia, e din que non era fácil golear cando Irene estaba en portería. Irene non estaba soa, poñía ao fondo da súa portería un boneco futbolista para que lle dese sorte. E por iso, fixemos nós unha boneca.

(Investigamos en los escritos que hacen referencia a su historia, y dicen que no era fácil golear cuando Irene estaba en portería. Irene no estaba sola, ponía al fondo de su portería un muñeco futbolista para que le diese suerte. Y por eso, nosotrxs hicimos una muñaca).

 



Partindo da forma xeométrica dun balón de fútbol (círculo), traballamos cos bloques lóxicos.

(Partiendo de la forma geométrica de un balón de fútbol, círculo, trabajamos con los bloques lógicos).
 
 



 Aproveitamos os balóns plastificados para contar.

(Aprovechamos los balones plastificados para contar).
 
 



 Ordenamos as letras do seu nome de diferentes xeitos.

(Ordenamos las letras de su nombre de diferentes maneras).
 





Enterámonos que en Ferrol temos un equipo feminino de fútbol sala, o Valdetires. E axiña, comezamos a quentar motores porque nos dixeron que nos ían vir visitar.

(Nos enteramos que en Ferrol tenemos un equipo femenino de fútbol sala, el Valdetires. Y rápido, empezamos a calentar motores porque nos dijeron que nos iban a venir a visitar).
 
 



E por fin chegou o día do Valdetires!!! Ao noso cole viñeron: Laura (presi), Natali (porteira), Lara (pívot) e Emilia (á). Agradecemos moito a súa aportación ao fútbol sala feminino e que compartiran con nós a súa experiencia.

(¡¡¡Y por fin llegó el día del Valdetires!!! A nuestro cole vinieron: Laura- presi, Natali-portera, Lara-pívot y Emilia-ala. Agardecemos mucho su aportación al fútbol sala femenino y que compartieran con nosotrxs su experiencia).



No hay comentarios:

Publicar un comentario