
Xs peques do Valle Inclán sumámonos á celebración da Semana das Letras Galegas, unha cita moi especial para achegarnos á nosa lingua e cultura.
Este ano, a homenaxe está adicada a Begoña Caamaño, escritora e xornalista galega que destacou polo seu compromiso coa igualdade, a memoria e a defensa da identidade galega.
Para coñecer a súa figura e obra, limos o conto de Os Bolechas, co que descubrimos quen foi Begoña Caamaño e algúns dos seus personaxes máis importantes dos seus relatos.
E seguindo os pasos de Begoña Caamaño na súa faceta de xornalista, xs peques convertémonos por un día en reporteirxs. Cun micrófono na man, fomos dicindo distintas palabras en galego, que posteriormente debuxamos
Todo este traballo foi configurando o noso caderno das Letras Galegas 2026.

.jpg)
.jpg)
.jpg)




































No hay comentarios:
Publicar un comentario