viernes, 30 de octubre de 2026

Samaín e Magosto en Infantil



O outono encheu a nosa escola de cabazas, castañas, monstros e moita diversión! Vivimos uns días cheos de actividades coas que aprendemos xogando e gozamos das nosas tradicións.

Exposición de cabazas: Participamos na exposición de cabazas do cole, achegando as nosas creacións e enchendo a escola de cor e creatividade.






Desfraces de medo!: Transformámonos en personaxes terroríficos e divertidos para celebrar o Samaín con moita ilusión.














Puzzles de castañas e Samaín: Xogamos a completar puzzles, traballando a atención, a observación e o razoamento.

 




Memory Samaín:



Expresión da linguaxe verbal escrita co Outono e Samaín:



Ollos de sapo, patas de ra... creamos unha poción máxica:





Conteo, cantidade, grafía e motricidade fina:



Creamos a nosas máscaras de cabazas:


Monstros e sombras: Observamos con atención e relacionamos cada monstro coa súa sombra. Quen atopou todas as parellas?




 Monstros reciclados: Démoslle unha segunda vida aos rolos de papel hixiénico, converténdoos en monstros orixinais e terroríficos.




 Cabazas de madeira: Decoramos cabazas de madeira ao noso gusto, deixando voar a imaxinación e a creatividade.




Terroríficas provocacións:


 



Creamos monstruiños en cartolina:



 Aprendemos sobre as castañas… e degustámolas! Antes do Magosto, descubrimos na aula os beneficios das castañas e a importancia dunha alimentación saudable seguindo o Plan de Hábitos Saudables e Actividade Física do centro. Despois, chegou o momento máis agardado: degustalas e desfrutar do seu sabor!



 




O Samaín tamén soa! A música e os recursos dixitais acompañáronnos nestes días. Desfrutamos de vídeos como Samaín, de Brinca Vai, e doutras propostas audiovisuais para aprender e divertirnos.

 Un outono para lembrar!

Entre xogos, creacións, cancións e sabores, celebramos o Samaín e o Magosto compartindo experiencias e aprendendo xuntos. Que ben o pasamos!



            

No hay comentarios:

Publicar un comentario