viernes, 20 de abril de 2012

Bolboretas (4 anos)


   Dende o 20 de marzo estamos na estación da primavera. Coa primavera deixamos o inverno, e é habitual contemplar o arco da vella e as novas flores rodeadas de bolboretas, abellas e outros insectos. Por ese motivo, os nenos e nenas de 4 anos fixeron unhas preciosas bolboretas. A continuación vos amosamos como o fixeron:

MATERIAIS
un tubo de papel hixiénico
pincel e témperas
cartolinas de cores
gometes

PROCEDEMENTO
1.- Pintamos o tubo de papel hixiénico con témpera.
2.- Recortamos catro circunferencias: dúas dunha cor, e as outras dúas doutra cor e un pouco máis pequenas.
3.- Pegamos os gometes nas circunferencias. 
 4.- E pegamos as circunferencias no tubo simulando as ás da bolboreta (se un adulto nolas grampa, será máis resistente), así como lle faremos dúas anteniñas con cartolina.
E xa temos a bolboreta!!!
 Se queredes ver máis fotos, pinchade no álbum que segue:

4anos_bolboretas

1 comentario:

  1. Parabéns rapaces, traballades moito e moi ben, e tamén felicitar a mestra pola labor que realiza, moitas grazas por todo Silvia.

    ResponderEliminar