Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil durante o mes de marzo investigaron sobre a SELVA grazas á colaboración das familias. A continuación amosamos todo o que aprenderon:
LUCAS explicounos que nas selvas hai moitas ÁRBORES DO CACAO, delas obtemos os froitos do cacao e elaboramos o chocolate:
ANIA, ISAAC e SARA descubriron que hai moitas aves vivindo nas selvas, algunhas son coñecidas pero outras non tanto.
CACATÚA TUCANO (tucán)
COLIBRÍ LORO
AGUIA (águila) BUFO (búho)
FALCÓN (halcón) CURUXA (lechuza)
PAVÓN (pavo real)
Incluso contaron coa colaboración de dous marabillosos expertos: DENÍS (irmán de Ania) e LUCAS (irmán de Sara). Deles aprenderon moitííísimas cousas como a diferenza entre un falcón e unha aguia, que non todas as aves teñen plumas, que o loro e a cacatúa son curmáns ao igual que a curuxa e o bufo, que o tucano destaca polas cores do seu pico...
MOITÍSIMAS GRAZAS LUCAS E DENÍS!!!
Para máis información ollade os vídeos que nos amosou Ania:
Con DANIELA C., DANIELA R e ERIK aprenderon moitas cousas dos animais terrestres, entre os que destacan os que seguen:
TIGRE GUEPARDO
CEBRA GORILA
LEÓN ELEFANTE
MARCOS, MICHELLE e NURIA amosaron que moitos animais da selva viven na auga, como poden ser:
RA (rana) TARTARUGA (tortuga)
CROCODILO HIPOPÓTAMO
LAGARTO SERPE (serpiente)
Malia que en España non nos podemos atopar con este tipo de animais no noso día a día, cómpre sinalar que hai parques naturais nos que os podemos visitar:
E AINHOA e BRENDA presentáronnos aos PIGMEOS:
SON PERSOAS MOI BAIXAS POLA FALTA DE AUGA E COMIDA
AS SÚAS VIVENDAS ADOITAN SER MONGULUS. OS NENOS E NENAS VAN VIVIR A UNHA CHOZA COMÚN AOS 5 ANOS.
E A MÚSICA É MOI IMPORTANTE PARA ELES
MOITÍSIMAS GRAZAS POR AXUDARNOS A INVESTIGAR, FAMILIAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario