Hoxe, 5 de abril, os nenos e nenas de Educación Infantil fomos visitar o Mercado da Magdalena.
Antes de ir falamos nas clases, limos contos e descubrimos que era o lugar de traballo da mamá de Álex (4ºEd. Inf.) e da irmá da profe Mercedes.
Tivemos a sorte de ir en autobús, ollade que ben o pasamos!!!
Unha vez no mercado, visitamos diferentes tendas:
FROITERÍAS
nas que había froitas e verduras moi familiares como tomates, leitugas, mazás... pero tamén alcachofas, lombardas, espárragos...
PEIXERÍAS
con xigantes polbos, xibas, salmóns, marraxos, percebes, nécoras... ñam, ñam!!!
CARNICERÍAS
que recendían a chourizo... ademais de ter polo, raxo, zorza, morros, rabos e tripas de porcos...
CHACINERÍAS
con queixos, xamóns, marmelos, salchichóns...
E tamén FLORERÍAS
con olorosas flores e plantas
Para rematar a saída, mentres agardávamos ao autobús, xogamos na praza da Concatedral de San Xiao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario