sábado, 8 de abril de 2017

Día Mundial da Saúde

O pasado 7 de abril, co gallo do Día Mundial da Saúde, este ano adicado á depresión, as nenas e nenos de Educación Infantil traballamos co conto Vacío, de Anna Llenas.

O día previo á data sinalada, as profes contáronnos o conto apoiándose no seguinte vídeo que non revela o final, e comezamos a pensar en cousas bonitas que nos facían sentir ben como o arco da vella, as flores, as nubes, un paseo con mamá e papá...

Ao día seguinte, xa puidemos ver o libro en papel e coñecer o final do conto, e volvimos a falar do noso vacío.

Finalmente pintamos a Julia, a protagonista da historia, e no seu vacío algúns debuxamos no que temos que pensar cando estamos tristes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario