martes, 16 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017


Cada 17 de maio, os galegos e galegas honramos as nosas Letras e a nosa Lingua. Este ano, 2017, o homenaxeado é o escritor ourensán Carlos Casares.

Os nenos e nenas de Educación Infantil durante a Semana das Letras Galegas traballamos coa obra A Galiña Azul, pero máis concretamente co relato A bomba da felidade.

A continuación amosamos o relato:

Este é Leoncio e vouche contar algunas cousas del.

O Leoncio ten dúas manías: os discursos e os inventos. Sobre todo os inventos.

 Ata o momento leva inventado un idioma para falar cos paxaros e as formigas e que se chama o papapío.

 Un canón que dispara caramelos. Unha alfombra voadora e non sei que máis


   Pero o domingo pasado, ao saír da misa, anunciou seu último invento: a bomba da felicidade.
 […] Para botala terase que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba.
Cando suba ben alto, tenlle que dicir ao paxaro "Paspallís pío pío pían" que quere dicir: "Prepárate que imos botar a bomba."
Entón o paxaro respóndelle: "Raspapín pau", que quere dicir: "Estou preparado". 
Cando diga isto, o Leoncio abre a man dereita e deixa caer a bomba, que é moi pequeniña.

 Na poboación onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobres, muiñeiras e demais.
 Choven roscóns, rosquillas e globos de colores.
E por se fose pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sente unha gran felicidade!!!

 Por suposto escoitamos os tipos de cancións que nomea a obra: Alborada de Pascual Veiga, Muiñeira de Chantada e o Pasodobre do Berbés.
 

Dado o título do relato: A bomba da felicidade, traballamos as emocións a través de imaxes de xornal e revistas, sen esquecernos de Braco, o protagonista da Viaxe ao Reino das Emocións.
 

E tamén traballamos as emocións coa audición de varias obras, os nenos e nenas tiñan que dicir que lles suxería.  Os temas escoitados, entre outros, foron:  Payday Emperador e Claro de Luna de BeethovenPreludio de ChopinAnnées de pélerinage de Liszt e Pompa y circunstancia de Elgar.

E para rematar fixemos unha  actividade de linguaxe artística plástica, e tivemos a sorte de que os nenos e nenas maiores nos contaran o conto da Galiña Azul na biblioteca (como todas as semanas), pero desta vez con agasallo incluído!

Que o Día das Letras Galegas sexan todos os días do ano!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario