Ler lévate a mundos diferentes, a coñecer
novos costumes, comunicarse cos demais, e danos argumentos para analizar ,
criticar…
O conto na Eduación
Infantil é un recurso moi valioso, xa que é unha fiestra aberta á fantasía e
imaxinación, estimula a linguaxe, reflexa as nosas pautas sociais e axúdanos a
enfrontarnos ao que sentimos ou pensamos fronte aos acontecementos da vida.
Pero non nos podemos
esquecer do valor do acto de contar e escoitar contos. Ese acto que establece
unha relación moi especial entre dúas persoas. Os seres humanos creamos contos
para contar cousas que non somos capaces de dicir doutro xeito, cousas que ás
veces non se poden explicar ou que non se poden entender, pero sí que se poden
sentir ou vivir.
É marabilloso ter
unha ferramenta, como o conto, que nos axuda a transmitir o que non somos
capaces de expresar. Por iso, co gallo da celebración do día do libro, os nenos
e nenas de 4º Educación Infantil imos recollimos nun dossier os contos que máis
nos gustan.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario