martes, 30 de mayo de 2017

Saída Cultural a Aldea Nova

O pasado luns 29 de maio, os nenos e nenas fomos a visitar Aldea Nova.

O día comezou do máis emocionante... ás 9:30h veunos a buscar o autobús ao cole e fomos ata a granxa.

 Nada máis chegar, fomos ao comedor onde deixamos as mochilas e comezamos a participar nos divertidos obradoiros:

ROTEIRO POLO MONTE:
Nel poidemos descubrir a flora salvaxe do noso contorno como son os felgos, toxos, cardos... indicios da fauna a través das pegadas e varias probas da presenza humana como as pistas, parques eólicos incluso algunha cabicha. 
Ademais, gozamos dunha preciosa paisaxe na que se vían campos de cultivos, a lagoa de Valdoviño, o faro de Meirás e Ferrol, onde está o noso cole.

 VISITAMOS OS ANIMAIS
Na granxa, como xa sabíamos, só hai animais domésticos como burros, porcos, coellos, galiñas, ovellas, cabras, cabalos... deles, aprendimos os coidados que necesitan.
 
  
MONTAMOS A CABALO
como auténticos xinetes

 DESCUBRIMOS O INVERNADOIRO
Onde vimos plantas que dan alimentos como as fragarias (fresas), tomateiras, pementeiros, porros... e plantamos xirasoles así como xogamos un anaco nun tractor vello.

  E rematamos, cos XOGOS TRADICIONAIS como a rá, a corda, os bolos, a pesca...

Cando rematamos eran case as 16:00h, recollimos todo e fomos cara o autobús, se xa algún nos quedábamos durmidos mentres comíamos... nin podedes imaxinar que cansados e cansadas regresamos pero...

PASÁMOLO XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario