Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil realizaron un experimento co obxecto de que se conciencien da importancia de ter as mans limpas para evitar enfermidades.
Para esta experiencia precisamos dous botes e unha mazá pelada dividida en dous anacos.
O procedemento que seguimos foi o que segue: nun primeiro momento metimos un anaco de mazá coas mans lavadas nun bote.
Despois dunha sesión de xogo con materiais ben "sucios", tocamos o outro anaco de mazá, sen lavar as mans, e o metimos no outro bote.
Día tras días fomos ollando como foi cambiando o aspecto da mazá en cada bote de diferente xeito:
24 de maio 26 de maio
30 de maio 2 de xuño
5 de xuño 7 de xuño
12 de xuño
Os xermes (bacterias, virus e fungos) son
microorganismos invisible ao ollo humano. Moitos destos xermes son inofensivos,
ou incluso beneficiosos para o noso organismo, pero algúns deles poden producir enfermidades.
Os xermes que están presentes en todas as superficies,
vanse acumulando nas nosas mans ao longo do día. E pasan ao pedazo de mazá que
tocamos coas mans sucias. Alí o número de microorganismos vi medrando ata
facerse visibles a simple vista, en forma de balor.
A mazá que tocamos coas mans limpas probablemente
tamén ten algún xermes dende o principio por iso tamén presenta balor, pero en manor cantidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario