Certo día, os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil recibimos unha carta de Popeta que dicía o seguinte:
Ola!
Que tal estás?
Son a túa amiga Popeta.
Neste momento ando de viaxe... para que adiviñes en que país estou, vouche dar
tres pistas:
1. Alimento típico do
país
2. Medio de transporte
3. Monumento importante
Xa sabes cal é, non?
Mañá, na clase vas ver se acertaches.
Unha aperta moi grande,
POPETA
Coa axuda das familias, descubrimos que Popeta estaba na INDIA, así que comezamos a investigar sobre este país.
Nun primeiro momento vimos onde se atopaba no globo terrestre
Que animais hai na India?
O perigoso tigre de vengala, vive na selva e é un magnífico nadador.
O mono típico da India é o macaco, e o podemos atopar polas rúas da India.
As vacas son consideradas animais sagrados, todo o mundo a respeta.
Os elefantes son empregados como medios de transporte. Os decoran con rechamantes cores.
E as cobras, que son dominadas polos encantadores de serpes.
Nós tamén encantamos as nosas serpes e nos convertimos en elefantes:
Como se visten e maquillan na India?
Levan un bindi na fronte. Antigamente só o levaban as mulleres casadas, hoxe o seu uso xa se extendeu:
As mulleres tatúanse as mans e os pés con hena:
Os homes levan dothi e as mulleres sari ou chagra choli
Como comen na India?
Non empregan nin vasos nin cubertos. Séntanse no chan coas pernas cruzadas e pican directamente do prato coa man dereita. A man esquerda emprégase no baño.
Gústalle comer comida moi picante e con moitas especias. E a carne de terneira e o leite non se toman.
Que monumentos hai na India?
O monumento típico da India é o TAJ MAHAL, o seu nome significa palacio coroa e construiuse en honra dunha muller. A porta de entrada representa o velo que lle tapa o rostro e as aristas da base o seu corpo. O aspecto do templo cambia segundo a luz do día incluso pódese ver o seu reflexo no río.
Como é xeograficamente?
O seu río máis coñececido é o GANGES.
Malia que é un río cun valor espiritual enorme está moi contaminado polas augas fecais e porque tiran nel os cadáveres.
O sistema montañoso máis famoso é o HIMALAYA , que ten cumes moi eleveados.
En que consiste o Festival Holi?
Cada ano na India, cara o mes de marzo, celébrase o festival de Holi, tamén chamado a festa das cores.
Esta festa anuncia a chegada da primavera e dura dous días. Sempre está chea de ledicia e felicidade.
Nas rúas, todos os habitantes maiores e pequenos, divírtense tirándose auga e polvos de todas as cores... e nos tivemos a oportunidade de pintar co eles!!!
Por outra banda sinalar que, entre outras actividades...
PINTAMOS DE CORES O ESTRÉS CON LÁMINAS DA INDIA:
Os nenos e nenas poden
apagar o seu cerebro, desconéctalo ou relaxalo mentras pintan. Colorear
axúdalles a evadilos deste mundo, a estimular a súa creatividade, a conectar
con eles mesmos e botar a voar a súa fantasía. Por iso hai esta nova tendencia:
pintar de cores o estrés.
Segundo explican os
investigadores, cando nos concentramos en pintar, poñemos en marcha a
coordinación óculo-manual (ollo- man), o cal ocasiona que activemos certas
zonas cerebrais que favorecen a inhibición do sistema límbico, de tal xeito que
liberámonos de preocupacións e ansiedades
TRABALLAMOS COA ESTRUTURA COOPERATIVA BÁSICA "1-2-4"
A nosa profe plantexounos unha cuestión a todos os grupos de cooperativo: Que animal da India é o máis grande?
Deunos unha folla con catro imaxes de animais da India e recordamos as normas dos xogos de cooperativo: participar no xogo, axudar aos compañeiros e compañeiras e agardar polo nosa quenda.
1º) Individualmente tivemos que pensar a resposta e poñela debaixo do pictograma que simboliza o concepto grande.
2º) Por parellas tivemos que chegar a un acordo
3º) Por equipos tivemos que chegar a unha resposta final.
4º) E para rematar, intentamos valorar cos nosos compañeiros e compañeiras se respetamos as normas individualmente, e a nivel de grupo, falamos do que fixemos xenial e do que temos que mellorar.
TRABALLAMOS COA ESTRUTURA COOPERATIVA BÁSICA "1-2-4"
A nosa profe plantexounos unha cuestión a todos os grupos de cooperativo: Que animal da India é o máis grande?
Deunos unha folla con catro imaxes de animais da India e recordamos as normas dos xogos de cooperativo: participar no xogo, axudar aos compañeiros e compañeiras e agardar polo nosa quenda.
2º) Por parellas tivemos que chegar a un acordo
3º) Por equipos tivemos que chegar a unha resposta final.
4º) E para rematar, intentamos valorar cos nosos compañeiros e compañeiras se respetamos as normas individualmente, e a nivel de grupo, falamos do que fixemos xenial e do que temos que mellorar.
Tamén tivemos a sorte de contar con recursos como:
CONTOS:
PELÍCULAS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario