Son de cor chocolate,
ábrense coa calor,
e se as metes no forno,
estoupan con gran sabor!
(adiviña da castaña)
O pasado 22 de setembro, comezou unha nova estación do ano: o Outono, aínda que non nos demos conta ata a mediados de outubro.
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil aproveitamos a ponte do Pilar e fomos recolectar produtos desta época do ano ao campo coas nosas familias.
Grazas a estas saídas levamos á clase:
CABAZA CAQUIS
LANDRAS E AMÉNDOAS NOCES E CASTAÑAS
FOLLAS PIÑA
Que tivemos que clasificar en distintas caixas:
Coas FOLLAS estampamos e fixemos dous murais para decorar os corredores do noso cole:
a) ESTAMPACIÓN DE FOLLAS
a) ESTAMPACIÓN DE FOLLAS
b) O MURAL DA ÁRBORE MULTIFOLLAS
1º Pintamos o tronco da árbore:
2º Pegamos as follas:
3º Deixámolo secar e puxémolo no corredor:
c) O MURAL DO MAGOSTO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
1º Pintamos o modelo de castaña con cera dura:
2º Recortamos as follas con tesoiras:
3º Pegamos os anacos de follas:
4º E confeccionamos o mural:
2º Recortamos as follas con tesoiras:
3º Pegamos os anacos de follas:
4º E confeccionamos o mural:
Tamén probamos os CAQUIS e as CASTAÑAS, malia que algún de nós amosouse preguiceiro...a maioría de nós saboreamos estes froitos tan beneficiosos para nós que estamos medrando
Fixemos seriacións coas NOCES E CASTAÑAS:
E limos moitos CONTOS vencellados ao Outono, como por exemplo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario