O pasado 15 de novembro, os nenos e nenas de Educación Infantil fomos a gozar da exposición Sonoro Empeño á Afundación. A dita exposición tratou de achegarnos a arte plástica e a arte musical conxuntamente centrándose nas seguintes obras. Como podedes ver... na clase xa as traballáramos previamente:
MARAÑAS de Murado
Marañas achegounos o movemento que un director ou directora de orquesta pode facer coa súa batuta. A continuación, ollade que director tan xenial:
Despois de ver o vídeo entráronnos ganas de ser directores e directoras de orquesta e debuxamos na pantalla dixital e en papel a música que escoitábamos:
****************************************************************
SOMBRAS de Menchu Lamas
Con Sombras descubrimos que existen 3 instrumentos de corda moi similares pero moi diferentes á vez: o contrabaixo, o violonchelo e o violín. Escoitamos os instrumentos con obras de diferentes estilos musicais e cada un escolleu cal era o seu favorito.
O violín tivo un gran éxito!!!
Tamén contamos coa colaboración de Juan Moreno, un compañeiro do cole, que é un virtuoso guitarrista. Todos e todas quedamos abraiados!!! Comprobade que talento ten!!!
GRAZAS JUAN!!!
****************************************************************
JAZZ EM STRECKSTRUMF I JAZZ EM STRECKSTRUMF II
de Virxilio Fernández Cañedo
As obras están inspiradas nun cabaret ou sala de espectáculos alemá onde eran tan frecuentes os concertos de jazz. Achegámonos a este estilo musical cos seguintes vídeos de Todos quieren ser el gato jazz.
****************************************************************
A FARSA de Laxeiro
O artista nesta obra quixo facer crítica pero non é tan atroz coma no resto do expresionismo da época, senón que está tinguida de inxenuidade e tenrura infantil, derivada do seu amor pola terra e tradicións populares galegas.
Nós centrámonos no tambor:
Rimos moito con este vídeo:
Na aula tivemos unha demostración doutro instrumento de percusión: a pandeireta. Algunhas das rapazas das MALVEIRAS, que estudan no noso cole, viñeron a amosarnos a súa música e animadamente pedimos OUTRAS!!!
GRAZAS MALVEIRAS!!!
****************************************************************
ARPEGIOS de Rafael Úbeda
Dado que o concepto principal da obra é moi complexo para a nosa idade, centramos a atención na técnica de pintura que empregou o artista para facer este cadro: TEMPLE AO OVO. E así experimentamos con este xeito de facer arte.
Para facer temple ao ovo precisamos:
XEMA OVO
PIGMENTOS
O procedemento que seguimos foi o seguinte:
1º Batemos as xemas de ovo
2º Mesturamos os pigmentos coa xema de ovo
3º Engadímolles auga
4º E por fin...PINTAMOS!!!
****************************************************************
LA FIESTA de Eva Carrera
E despois de traballar con tantos instrumentos musicais, non puidemos esquencernos dunha das cousas máis importantes da linguaxe musical: a expresión corporal que nos transmite. Deste xeito, danzamos e brincamos pola clase ao ritmo da música, pero descalzos, como no cadro.
Pasámolo xenial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario