O pasado 15 de novembro, os nenos e as nenas de educación infantil fomos a Afundación a visitar a exposición de arte SONORO EMPEÑO.
Saimos moi cedo do cole, e montámonos no autobús para trasladarnos ao museo...algúns era a primeira vez que iamos neste medio de transporte. Que emoción!!!
Baixámonos á altura de Correos e fomos dando un paseo pola Alameda ata chegar a Afundación.
Unha vez no museo, como éramos tantos nenos e nenas, dividímonos en dous grupos. Un grupo foi ao cine a ver unha película, e o outro grupo foi desfrutar da exposición e do obradoiro.
Afundación ten un enooorme auditorio, no que algúns xa vimos algunha obra de teatro... pero tamén serve para ver películas.
Na sala de exposicións, vimos a mostra das obras de arte que xa coñecíamos como Marañas, La fiesta, Sombras... tamén escoitamos músicas e sons vencellados ás obras plásticas.
Pasamos polo patio central, e chegamos á sala de obradoiro onde pintamos ao ritmo da música:
Cando rematamos a actividade, como o día acompañaba, merendamos na Alameda e xogamos no parque do barco pirata.
Finalmente regresamos ao colexio, moitos de nós moi moi requetemoi cansos!!!
Desexando volver de excursión!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario