domingo, 3 de diciembre de 2017

Deberes pendentes da saída cultural Sonoro Empeño



O pasado venres, 1 de decembro, os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a inmensa sorte de poder gozar cunhas pezas, tocadas en directo, de música tradicional galega.

Os nosos compañeiros maiores: André (gaita), Luisa(gaita), Marta (pandeireta), Manuela (pandeiro) e Antón (tambor) amosaron o seu talento cos seus instrumentos. E incluso a profe Silvia abraiounos coa súa habilidade coa pandeireta.

Fomos un público moi entregado e non parabamos de pedir máis e máis... escoitade o motivo:


Volde cando queirades, músicos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario