martes, 30 de enero de 2018

Día Escolar da Non Violencia e a Paz


O pasado 30 de xaneiro, os nenos e nenas de Educación Infantil, celebramos o 
Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Malia que nesta data, lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humano e a non violencia e a paz, este día debe executarse todos os días do ano.
Este ano, xirou ao redor dun libro: Imagine, que traballamos tanto coas nosas mestras-titoras como coa mestra de lingua estranxeira. O dito libro baséase na canción de John Lennon, que simboliza o desexo por un mundo de paz.
 E así, o alumnado de EI fixemos este fermoso mural:


Os nenos e nenas de 4º curso de EI, fixemos as pombas:
Para o que seguimos o seguinte procedemento:
1) Pintamos pratos de cartón de cor branca.
2) Pegámoslles ás para que poida voar ao redor do mundo.

3) Puxémoslles ollos para poder ver todo o que acontece.

 

4) E non podía faltar o pico, que serve para resolver conflictos falando así como para levar mensaxes de paz.

Por outra banda, sinalar que os nenos e nenas de 3 anos tamén fixemos unha medalla da pomba da paz:

1) Sacamos a medalla do troquel
2) Decoramos a medalla con puntiños de cores e escribiron a superpalabra PAZ.
3) Pegamos a medalla 
4) E lle introducimos a la
E coas medallas postas, olivo na man... xa estamos preparados para cantar pola paz!!!

Ollade o vídeo que segue ;-)


No hay comentarios:

Publicar un comentario