O pasado venres, 9 de febreiro, todos os nenos e nenas do cole celebramos o Entroido desfrazándonos de algo vencellado ao barrio da Magdalena de Ferrol:do graffiti máis ferrolano de Ferrol Mola! (E non vai molar!)
Nunha festa de Entroido non poden faltar as lambetadas típicas, puxémonos máis redondos que o graffiti!!! Ñam, ñam! Delicioso!!!
Previamente, para decorar o noso desfraz e o da profe fixemos uns debuxos, ollade que creativos nos quedaron:
Tamén nos convertimos en: paiasos, bolboretas, gatiños...
E lembrade sempre que... No "Carnaval", nada senta mal!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario