Mamá, quero isto... Mamá, cómprame aquelo... Soavos esta cantinela, verdade? Non se pode negar que a sociedade na que nos movemos hoxe en día é unha sociedade do consumo na que constantemente nos están a xerar novas necesidades. Non acabamos de mercar un produto cando través dos medios de comunicación e a publicidade se nos incita a consumir de novo.
Isto pásanos a nós, aos nenos e nenas, pero tamén aos papás, mamás, avós, avoas, mestras, mestras... Por iso, cómpre que os adultos nos inculquedes un consumo crítico, sostible e moi responsable co seu exemplo.
O pasado 15 de marzo, na aula de 4º de Educación Infantil, traballamos a conmemoración do Día dos Dereitos do Consumidor centrándonos no consumismo.
Na Asemblea dímonos conta de que é moi difícil para nós darnos conta de se realmente necesitamos algo ou non. Por iso, é moi importante que en certas ocasións que nos guiedes e ás veces nos digades "non".
E para confirmar de que moitas veces non hai necesidade de mercar todo: fixemos un coche de Rallye con material de refugallo:
1º Pintamos o cartón con témpera
2º A mestra púxolles rodas con tapas de botellas de plástico e palillos.
3º Pegámoslles os números
4º E por fin temos feitos os coches!!!
Antes de levalos para casa traballamos e xogamos na clase con eles: agrupámonos segundo o número de coche, ordenamos a serie numérica do número 1 ao 4... e algunha que outra carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario