O pasado mércores, 7 de marzo, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída cultural. Nesta saída fomos ao museo que define a nosa cidade: Exponav, e mais á aula de ecoloxía urbana onde nos deron consellos para coidar a Natureza.
A primeira hora da mañá, subimos no autobús que nos levou á praza de Galicia. Durante o traxecto vimos a pista da Malata (onde algúns xogamos ao fútbol), a piscina (onde algúns e algunhas imos nadar), barcos, grúas... que emoción!!!
Cando chegamos á praza de Galicia, baixámonos do bus e fomos dando un paseo pola Alameda ata dirixirnos a cada actividade:
EXPONAV é a Exposición Nacional da Construción Naval
nela observamos maquetas da nosa costa, e descubrimos os estaleiros, onde se constrúen barcos.
Ademais, axudámoslle a unha pirata a atopar un tesouro de moedas de chocolate, superando unhas pistas.
- Atopamos un barco moi moi antigo:unha dorna
E diferenciamos o que consideramos que é barco, e o que non é barco. A principal diferenza é que os barcos son como casas flotantes: hai cociña, lugares para durmir e baños.
- Vimos un "burato" onde se constrúen os barcos: o dique
- Descubrimos con que ferramentas se construían os barcos hai moitos anos: machado, serra de aire...
_ Diferenciamos un barco moderno dun barco pirata
_ Pero unha das cousas que máis nos gustou...foi manipular máquinas que explican o funcionamento dos buques:
- Como fomos moi bos axudantes da pirata, finalmente déronnos unha chapa, moedas de chocolate e un globo. Viva!!!
Na Aula de Ecoloxía Urbana participamos nunha charla que promovía a educación ambiental: que é a Natureza e que podemos facer para coidala. Unha das cousas que podemos facer é reciclar papel, e así o fixemos:
1º Cortamos anacos de papel
2º Fixemos unha pasta cos anacos de papel e auga
3º Introducimos o coador na pasta de papel
4º Escorremos a pasta
5º Finalmente, decoramos con anacos de revistas e deixamos secar.
Sinalar que entre actividade e actividade, deunos tempo de merendar e xogar no parque:
E antes de facer a saída cultural, e co gallo da Semana da Prensa, tamén fixemos os nosos colares identificativos con letras de xornal:
Quedáronos chulísimos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario