Cada 17 de maio, os galegos e galegas honramos as nosas Letras e a nosa Lingua.
Este ano, 2018, a homenaxeada é a escritora María Victoria Moreno, estremeña de nacemento pero unha das voces pioneiras da narrativa infantil
Os nenos e nenas de Educación Infantil durante a Semana das Letras Galegas traballamos coa obra A festa no faiado.
Son
Uxía, unha boneca e estou abandoada.
Botáronme
nun cesto de roupa vella sen ningún agarimo e pecharon a porta co ferrollo.
Un día
sentín unha voz moi pequena que me dicía:
Uxía vestiuse de criada e berrou.
E fixemos un libriño de recordo:
Coñecemos un pouco a súa vida co libro Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno que temos asinado na clase por Eli Ríos, a escritora:
E participamos nun concurso, proposto pola ANPA do cole, elaborando un vídeo colectivo dun Abecedario oral. Ollade como nos quedou:
E pola nosa participación, déronnos dous contos para a clase e un pluriagasallo para cada un de nós:
MOITAS GRAZAS!!!
Vivo no
faiado dunha casa moi fermosa.
É a
casa do señor Indalecio e da señora Teodosia. Eles foron os que me trouxeron
aquí.
Eu
cando marcharon, rompín a chorar ata que fun adorcemendo.
Debín
pasar así moito tempo, polo menos un ano enteiro.
-
¿Tes frío?
-
Teño- dixen eu.
-
¿Tes fame?
-
Teño- dixen eu.
-
¿Tes pesar?
-
Teño-dixen eu.
Entón abrín os ollos e atopei diante miña un
gato moi fermoso. Tiña os ollos marelos e doces, o pelo negro e brillante, as
manciñas brandas e dondas. Era Gato, un gato de faiado.
Uxía
non necesita comer, abóndalle con xogar a comer. Pero o pobre Gato ten sempre
fame, fame de verdade, e, como non lle dan nada, anda acotío apurrando tras os
ratos e os pardais.
Uxía pediulles
aos ratos que lle fixeran un buratiño pequeno e redondo, do tamaño da súa
cabeza.
O domingo, á hora da misa, cando os amos non estaban e o Gato durmía.
Uxía
baixou á cociña a por dúas sardiñas, un cachiño de queixo e unhas codias de
pan.
Uxía vestiuse de criada e berrou.
-
¡Veñan á mesa os señores-berrou- que o xantar
está servido!
E todos os animaliños xuntáronse, comeron,
contaron as súas vidas e a felicitaron.
Gato, os ratos e os pardais tan satisfeitos e
amigos.
Gato lambía os fociños. Os ratos miraban para
el xa sen medo. Os pardais estaban tranquilos.
Coñecemos un pouco a súa vida co libro Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno que temos asinado na clase por Eli Ríos, a escritora:
- Naceu en Estremadura nunha época moi complicada porque había guerras por todas as partes.
- Estuda en Madrid
- Ao rematar os estudos, o seu destino de traballo é un instituto de Galicia.
- É mestra e escritora en galego.
-Fixo milleiros e milleiros de quilómetros conducindo o seu coche vermello ao que lle chamaba Teresita.
- Paseaba sempre coa súa cadela Alma, acompañada de rapazada.
- E fixéronlle unha homenaxe na Feira do Libro de Pontevedra en 2001.
E participamos nun concurso, proposto pola ANPA do cole, elaborando un vídeo colectivo dun Abecedario oral. Ollade como nos quedou:
E pola nosa participación, déronnos dous contos para a clase e un pluriagasallo para cada un de nós:
MOITAS GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario