lunes, 28 de mayo de 2018

Saída Cultural Aldea Nova

O pasado luns 21 de maio, os nenos e nenas fomos a visitar Aldea Nova.




O día comezou do máis emocionante... ás 9:30h veunos a buscar o autobús ao cole e fomos ata a granxa.











 


 Nada máis chegar, fomos ao comedor onde deixamos as mochilas e comezamos a participar nos divertidos obradoiros:


RECICLAXE:

O vindeiro 5 de xuño, vai ser o Día Mundial do Medio Ambiente, e unha das cousas que podemos facer para coidar á nosa Terra é contribuir á reciclaxe. 
Algúns nenos e nenas xa reciclamos manualmente papel na aula de ecoloxía urbana, mais non todos xa que había un número importante de nenos e nenas enfermos. Por iso, non deixamos escapar a oportunidade e puxémonos mans á masa:







 VISITAMOS OS ANIMAIS
Na granxa, como xa sabíamos, só hai animais domésticos. A estes animais non só lles fixemos unha visita, senón que aprendimos os coidados que precisan.

Hai que ter moita conta de que ao pavo non se lle poña a cabeza vermella:




 



 Malia que a la que mercamos é moi suave, a la que tiña este carneiro non o era:



A porca Celta, que así se chama, é un dos animais máis limpos da granxa. Impresionante!



As cabras son moi lambonas, queren comer pan todo o día!



E ao cabalo Pirata sempre lle temos que tocar nun lado, non directamente no fuciño:


  


MONTAMOS NA PONI VILMA
como auténticos xinetes



 










E tamén a cepillamos







  VISITAMOS O INVERNADOIRO



Como ía moita calor dentro, fixemos unha visita rápida onde vimos plantas que dan alimentos como as fragarias (fresas), tomateiras, pementeiros, porros... 

  E rematamos, cos XOGOS TRADICIONAIS como a rá, a corda, os bolos, a pesca...

Pero non todo ía ser traballar na granxa...tamén comimos un bo xantar que levamos da casa:


 


Cando rematamos eran case as 16:00h, recollimos todo e fomos cara o autobús, se xa algún nos quedábamos durmidos mentres comíamos... nin podedes imaxinar que cansados e cansadas regresamos pero...

PASÁMOLO XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario