jueves, 4 de octubre de 2018

Día Internacional das Persoas Xordas


Este ano, o Día Internacional das Persoas Xordas celebrouse o 29 de setembro. Este é un día no que miles de persoas xordas, familiares e amigos mobilízanse para reivindicar os seus dereitos e celebrar a lingua de signos, a diversidade, a unidade asociativa e a súa cultura.

No CPR Plurilingüe Vale Inclán quixémonos sumar a esta reinvidicación co obxectivo de dar visibilidade a este colectivo. O mércores 3 de outubro, contamos coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para levar a cabo unha xornada de sensibilización na biblioteca do cole.


Os maiores do cole participaron nunha campaña de sensibilización, mentras os máis pequenos participaron nunha sesión de contacontos con obradoiro de lingua de signos dos animais que participaban nas historias.



Os contos que nos narraron foron:

- Ronquidos




- E ¡Vaya apetito tiene el zorrito!, previamente traballado nas aulas:



Foi unha mágoa que non dera tempo a Mi día de suerte, que tamén tiñamos lido e traballado.








E para rematar...UN APLAUSO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario